Becerreá

10/03/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Grobos, no municipio lucense de Becerreá, este domingo, día 15 de marzo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 12 de marzo.

03/05/2015
O grupo de montaña Pena Tallada, de Ribadeo, realizará unha ruta por Becerreá, a carón do río Donsal, o 16 de maio.
 
O comezo da ruta sitúase na estrada que vai dende Lousas polo alto da Cruz do Restelo cara a Neira de Rei, no cruce de entrada á aldea de O Couso.
HORARIO: 5/6 horas    
DESNIVEL: 450 m de subidas / 950 m de baixadas
DISTANCIA: 18 kmDIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. – 99 – I 
 
SINOPSE: Trátase dunha das rutas máis fermosas do concello de Becerreá, preto do espazo natural...
leer más