Couxela
A parroquia ribadense de Couxela celebrará a festa na honra da Nosa Señora das Cores este sábado, día 27 de setembro.
Ás 13:00 horas haberá misa solemne, seguida de procesión acompañada do Cuarteto Tradicional Illa Pancha e despois comezará a sesión vermú amenizada polo solista Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Trébol.
A parroquia ribadense de Couxela celebra a súa XIX Festa na honra da Virxe das Dores, o sábado 21 de setembro.
O programa de festexos dará comezo ás 13:00 horas coa celebración da misa solemne seguida de procesión, que estará acompañada por Illa Pancha Cuarteto Tradicional. Despois haberá sesión vermú co solista Jaime Paredes.
A partir das 22:45 horas terá lugar a verbena co solista Jaime Paredes e a orquestra Tania Blanco Show.
Colaboran coa organización desta actividade: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
As festas da parroquia de Couxela, en Ribadeo, na honra da Nosa Señora dos Dores, terán lugar o 26 de setembro. Tras a misa solemne, prevista para as 13 horas, haberá procesión e despois a sesión vermú correrá a cargo de Fania Blanco Show, o mesmo grupo que xunto a Tekila ofrecerá a verbena da noite, que dará comezo ás once.