Castropol
María Teresa Díaz Sanjurjo, veciña de Castropol, resultou agraciada coa campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo. O premio, de 100 euros en vales de compra, correspondeu a unha papeleta por unha compra realizada en Siñeiro Hogar. Os outros dous premios quedaron desertos ao non ser reclamados.
Este mércores, 30 de setembro, rematou o prazo para reclamar os premios da campaña Volta ao Cole, de Acisa Ribadeo, na que se sorteaban un total de 300 euros repartidos en tres premios de 100 euros cada un.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, felicita á gañadora e agradece “unha vez máis a participación dos clientes nesta campaña de Volta ao Cole así como a colaboración dos establecementos asociados. Toda axuda, sobre todo neste período, é benvida en calquera fogar”.
O xerente do colectivo...
leer másDespois de máis de vinte representacións por toda a xeografía galega e do occidente asturiano, en moitas das cales houbo que colocar o cartel de “non hai entradas” (Betanzos, Vedra, Vegadeo, Rinlo,...), pódese considerar esta produción como un dos éxitos indiscutibles do teatro afeccionado galego desta tempada.Este espectáculo foi galardoado co premio Conde Santo á Mellor obra e co premio Lourenzo ao Mellor Actor Protagonista no I Certame de teatro afeccionado de Lourenzá (no que tamén estivo nominada á mellor posta en escena e á mellor actriz protagonista) e cos premios á Mellor Montaxe e Mellor Actriz Protagonista nos XXI EncuentrosTeatrales de Vegadeo (Asturias). Foi tamén seleccionada para participar no IX Encontro de teatro afeccionado de Betanzos 2018, no Festival Teatrofilia de Vedra e na Mostra Internacional de teatro amador Estenarúa de Ferrol.
... leer más







