Artesáns
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou este xoves, 23 de abril, na presentación oficial da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, unha entidade que nace para impulsar a cooperación e fortalecemento do sector artesán da Mariña, promovendo a súa viabilidade económica, a formación e a innovación. A profesionalización do sector, a través desta asociación, contribuirá a impulsar a promoción e comercialización da artesanía desde o respecto pola tradición e a autenticidade, baixo principios de vinculación co territorio, sostibilidade, ética profesional e contribución ao turismo cultural do xeodestino.
“Esta presentación oficial simboliza a culminación dun proceso que botou a andar no ano 2011 coa creación dun rexistro de artesáns e artesás que tiña como obxectivo situar a este sector como un atractivo...
leer másDo 15 de novembro ao 15 de decembro poden degustarse os Menús Artesáns en nove restaurantes da comarca por iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Unha cita coa gastronomía e a artesanía, que se está a consolidar pouco a pouco.
Os Menús Artesáns son un proxecto turístico que ten como obxectivo principal “presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura que dan lugar á nosa forma de vida, para que se experimente de forma distinta e para gozala cos todos os sentidos”.
Ata 15 de decembro dez artesáns poñen os seus traballos enriba da mesa e nove restaurantes serven eses menús nesas pezas únicas en cada local. Con esta medida o que se pretende é contribuír á desestacionalización do turismo en tempada baixa á vez que se favorece o coñecemento da cultura local da Mariña...
leer más





