A XV Festa do Polbo da Pedra terá lugar en Xove o 24 de marzo. A organización conta con 1.500 quilos do cefalópodo, que será ofrecido en diversas preparacións.

A XV Festa do Polbo da Pedra terá lugar en Xove o 24 de marzo. A organización conta con 1.500 quilos do cefalópodo, que será ofrecido en diversas preparacións.

 

O día 24 de marzo celebrarase en Xove a XV Festa do Polbo da Pedra. Esta comezará ás sete da tarde e terá lugar en nove establecementos da localidade. A organización dispón duns 1.500 quilos de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades.

Cada edición os hostaleiros elaboran novas receitas sen deixar de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais. Os establecementos participantes son Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, Club “Palmeiro”, Cafetería-Pulpería “Bar Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, “O Cabaliño”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”. Esta XV Festa do Polbo da Pedra estará amenizada pola música tradicional de Saiñas de Xove. Na organización colaboran o Concello de Xove e ACIAM.