Ata o 16 de marzo o público vota en facebook para elixir a imaxe preferida da Mariña. En breve se coñecerán as propostas gañadoras do Festival Imaxina 2015, que organiza a Fundación Indecum.

Ata o 16 de marzo o público vota en facebook para elixir a imaxe preferida da Mariña. En breve se coñecerán as propostas gañadoras do Festival Imaxina 2015, que organiza a Fundación Indecum.
 
Desde a Fundación Indecum sinalan que "xa queda menos para coñecer a identidade das propostas gañadoras do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015. Antes de saber a decisión do xurado, coa presenza do padriño desta edición, o artista burelao Davixiño, ademais do realizador audiovisual Manuel Gil, o voto do público en Facebook tamén resolverá outro dos premiados. Todo aquel que así o desexe poderá escoller a súa imaxe preferida da Mariña dando ‘Gústame’ no perfil da Fundación Imdecum ata o mércores 16 de marzo a medianoite. A fotografía con máis votos tamén resultará premiada cunha cámara dixital compacta".
 
Fotografía e vídeo
 
Na iniciativa audiovisual da Fundación Imdecum, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o alumnado da Mariña puido dar renda solta á súa creatividade a través dun concurso, en dúas  categorías,  fotografía e vídeo, cuxas propostas artísticas se recibiron ata finais de 2015. 
 
Xunto aos IES de Foz e Perdouro de Burela, noveis na iniciativa, esta fase abriuse para os institutos que participaron en edicións anteriores, Monte Castelo (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove) e Alfoz-O Valadouro.