Charlas
A directiva da agrupación Cultural Francisco Lanza informa que do xoves 18 ao sábado 20 de xullo celebraranse as XXII Xornadas de Historia Local. Esta edición estará dedicada á actividade no Porto de Porcillán, abordando tarefas tanto a nivel tecnolóxico, coa construción de navíos, como a nivel comercial, coa intensa actividade mercantil desenvolvida polos nosos barcos no norte de Europa.
O presidente da agrupación, Farruco Graña, explicou que “contaremos coa presenza de dous conferenciantes: Joam Carmona Badia, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC e Alberto Paraje, veciño de Ribadeo e gran coñecedor da nosa historia que xa colaborou en anteriores Xornadas de Historia Local”.
Os eventos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario de 20:30 a 22:30.
Graña...
leer másO vindeiro venres, 12 de xullo, terá lugar unha Xornada de Degustación e Promoción Viños IXP Terras do Navia que a partir das 17:00 horas da tarde nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, dentro do marco de colaboración establecido entre AGV (Asociación Galega de Viticultura), integrada na FRUGA (Federación Rural Galega) e na que tamén participa e colabora directamente o Concello de Barreiros.
Haberá a charla coloquio Manual de Boas Prácticas Vitivinícolas da IXP Terras de Navia na que intervirán Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, de Adega Panchín.
E para as 18:10 horas está prevista unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Navia. Na mesma participará o sumiller Martiño Santos.
O Foro Social de Mariña organiza ás 20 horas dos días 27 e 28 de este mes, no CENIMA de Foz, sendas mesas redondas, coa intención de coñecer máis de preto a realidade e o alcance da xestión que nos concellos da comarca estase a realizar na área de servizos sociais básicos, e dar visibilidade ao traballo social despregado para atender as necesidades dos maiores e das persoas e colectivos vulnerables, así como avaliar a suficiencia dos recursos humanos e materiais empregados na súa atención.
Así mesmo, o Foro Social da Mariña quere agradecer a tódolos concellos da comarca e ás súas áreas de servizos sociais comunitarios a súa colaboración para facilitar a información e os datos precisos para obtermos unha mellor comprensión da realidade e posibilitar a celebración das palestras.
Na primeira mesa redonda, a do día 27...
leer másEste martes, día 18 de xuño, haberá un novo faladoiro da iniciativa, Charlando, dentro do programa Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas no local da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á enfermidade mental nas persoas adultas (mitos, estigmas, causas, tratamento...). Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).
Para este xoves, día 6 de xuño, ás 16:00 horas está programada unha visita guiada ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando no lugar de Combarro, que pertence á parroquia mindoniense de San Vicente de Trigás.
Estes traballos lévanos a cabo investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Tempos Arqueólogos. A intervención, que permitirá o afondamento na época sueva, está dirixida pola investigadora posdoutoral Celtia Rodríguez González, pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), do que tamén forma parte a USC. Contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a través do asesoramento do arqueólogo Abel Vigo, así como da especialista en arqueobotánica Leonor Peña Chocarro, do CSIC de Madrid.
O mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.
O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.
A charla está dirixida, sobre todo, ás familias con fillas e fillos con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, así como a calquera persoa interesada neste tema.
“A industria do tabaco ve como descenden ás súas ganancias debido a caída en picado da venda dos cigarros convencionais. Para paliar isto, lanza novos produtos e mediante diferentes tácticas intentan inculcar á sociedade coa percepción errónea de baixo risco para a saúde destes novos dispositivos, os famosos vapers, por exemplo. A última enquisa ESTUDES 2023 publica que os menores de entre 14 e 18 anos xa probaron en algún momento estes produtos”, son palabras de Noa Rey Torres, farmacéutica, especialista en tabaquismo e secretaria da Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, que estará o vindeiro xoves, 30 de maio, ás 20:00 horas no Centro Social (ao lado do...
leer másEste martes, 21 de maio, temos un novo faladoiro da actividade Charlando, incluída dentro do programa Arruguiñas, que organiza o Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián, e titúlase “Educación para a saúde”.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna.
Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.
A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos europeos, estará situada fronte á Casa do Concello de Foz, na Avenida Álvaro Cunqueiro 24, este xoves, 16 de maio, a partir das 12.30 horas.
O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, invitan a todos os pequenos empresarios e autónomos a que se acheguen a esta oficina: “a dixitalización é imprescindible na época na que vivimos. O programa Acelera Peme ofrece de forma gratuíta un servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, apoio á implantación de solucións dixitais no negocio, consultoría en marketing dixital en redes sociais e outras accións, como apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital. É unha boa oportunidade, polo que convidamos a todas e todos a que se acheguen o día 16 ata a oficina móbil que...
leer más












