Charlas

Etiquetas:
26/09/2019

A asociación Nordés Faladora organiza a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables que se desenvolverán os días 27 e 28 de setembro. Nas mesmas abordarase o estado do sistema eléctrico español, o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico, o regulamento do autoconsumo de enerxía eléctrica e o cambio climático.

O venres 27 ás 19:30 horas no Abeiro de Mañón ofrecerá unha charla o doutor Eduardo Lorenzo Piqueras, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e profesor de enerxía solar fotovoltaica.

O sábado 28 ás 11:30 horas haberá unha visita á casa de Eduardo para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban. ...

leer más
Etiquetas:
26/09/2019

O vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña. A cita estará centrada en Alcoa. O título elixido é A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade. 

A mesa de análise terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:30 horas. Contará coa participación dos alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo, Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares, respectivamente, e estará moderada pola periodista Carmen Cruzado.
Desde o Foro Económico da Mariña explican que “con esta charla no Foro Económico da Mariña retomamos a actividade despois do verán, tratando un tema de actualidade para a nosa comarca, como é o risco de que peche a principal industria que temos nesta zona, coas consecuencias que para a nosa economía levaría apegadas pola destrución de miles de postos de traballo”.

O...

leer más
Etiquetas:
11/09/2019

As Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas. 

Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro "Mujeres negras en la ciencia" así como con Jeane Costa...

leer más
Etiquetas:
18/08/2019

A asociación Nordés organiza as xornadas Memoria dun tempo que se celebrarán na Casa da Cultura de O Vicedo os días 22, 23 e 24 de agosto.

O xoves 22 ás 20:00 horas proxectarase o documental El silencio de los otros, galardoado co Goya 2018 e co Premio do Público da Berlinale, entre outros. De seguido haberá un debate con Luís Bará de Iniciativa Galega pola Memoria.

O venres 23 ás 20:00 horas o profesor e investigador Claudio Castro Lage falará de Luciano Pérez Riveira, que foi alcalde durante a II República do Concello de Riobarba (dende 1952 O Vicedo). A partires das 22:00 horas, ofrecerá un recital o músico e cantautor de O Carballiño Andrés Fernández.

E o sábado 24 ás 12:00 horas na ponte vella de O Barqueiro celebrarase unha homenaxe ás persoas represaliadas en xeral e na comarca en...

leer más
05/08/2019

O Concello de Cervo e a asociación Mariña Patrimonio organizan un acto divulgativo sobre a Sauna do Castro da Atalaia, que se celebrará este martes, 6 de agosto, na Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas.

Intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo Emilio Ramil. O rexedor falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica, así como dos pasos para recuperar este importante ben patrimonial. O arqueólogo Emilio Ramil, que dirixiu a intervención arqueolóxica, informará do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia.

 

Etiquetas:
28/07/2019

A Asociación Cultural Cultura do País, con local social no Carril das Hortas da cidade de Lugo, preséntase no Valadouro cunha disertación sobre a tradición do Antroido na comarca valeca.

O dramaturgo Manuel Lourenzo será o encargado pronuncie a conferencia intitulada “O Antroido tradicional no Valadouro” o vindeiro venres, 2 de agosto, ás 19:00 horas.

A cita terá lugar na Casa da Cultura que leva o nome do escritor, no local anexo ao vestíbulo. Previamente, terá lugar unha breve presentación dos obxectivos de Cultura do País, un colectivo que se asenta na comarca logo de que varias persoas de Alfoz e Ferreira creasen un grupo estábel. 

Fillo predilecto do Valadouro desde hai unha década, Manuel Lourenzo inaugura o proxecto cultural na comarca, exercendo como mestre de cerimonias na...

leer más
Etiquetas:
17/07/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza as XXIV Xornadas da Historia Local que se celebrarán do 29 de xullo ao 1 de agosto en Foz.

Estas xornadas darán comezo o 29 de xullo ás 20:30 horas coa conferencia que ofrecerá Xoan Ramón Fernández Pacios sobre O Camiño de Santiago por Foz. O acto terá lugar na Casa da Cultura.

O martes, 30 de xullo, ás 20:30 horas intervirá Carlos Pereira Martínez, que abordará o tema da Masonería na Mariña nos séculos XIX e XX.

O mércores, 31 de xullo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura Francisco Rodríguez Sánchez pronunciará a conferencia titulada O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.

As xornadas rematarán o 1 de agosto coa intervención de Rafael Quintiá Pereira que falará de Obxectos curativos e uso de amuletos na...

leer más
Etiquetas:
16/07/2019

Cervo acollerá o venres, 19 de xullo, e o sábado, 20 de xullo, as xornadas de historia “Cervo a Carón do Patrimonio”, organizadas que se desenvolverán en escenarios do noso municipio como a Casa do Mar de San Ciprián, o Museo do Mar ou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Tal e como explicou a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés “trátase dunha actividade divulgativa gratuíta que é unha oportunidade única para poñer en valor todo ese rico patrimonio que atesoura o noso municipio, de sacalo á luz para que que toda a veciñanza poida entrar tamén en contacto co noso pasado”.

García Caramés recordou que a inscrición para estas xornadas, que están dirixidas a todas as persoas con curiosidade e que desexen coñecer en profundidade a historia do noso municipio, continúa aberta no teléfono 982595157 ou no...

leer más
Etiquetas:
09/06/2019

Os días 12 e 18 de xuño terán lugar en Burela tres talleres para mulleres, que se enmarcan no programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á Violencia De XénerO).

O día 12 de cinco a sete da tarde o obradoiro leva por título Falemos de igualdade. Aínda é necesario o feminismo?. O día 18 celebraranse dous talleres, un sobre Micromachismos. Detectando as violencias cotiás, que será de 10 a 12 horas e outro pola tarde, esa mesma xornada, sobre Empoderamento e redes de sororidade de cinco a sete da tarde. 

Os talleres desenvolveranse no Centro de Formación Ocupacional. As mulleres interesadas en asistir poden inscribirse no CIM, chamando por teléfono ao 982 580 609 ou no email cim@burela.org

 

Etiquetas:
06/05/2019

El doctor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinología y Nutrición, ofrecerá una charla sobre la diabetes en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está en la calle Ibáñez, detrás de la casa consistorial, este miércoles, día 8, a las 16:30 horas. Este acto es abierto al público y está dirigido a toda la población.

Manuel Antonio Botana es licenciado en Medicina y doctor por la Universidad de Santiago, especialista en Endocrinología y Nutrición (residencia - MIR- cursada en el Hospital Marqués de Valdecilla), adjunto de Endocrinología y Nutrición en el HULA, fue presidente de la Sociedad Gallega de Endocrinología durante 8 años, hasta 2016, miembro del Grupo de Trabajo en Diabetes de la Sociedad Española de Endocrinología y Nutrición (coautor de las últimas recomendaciones de la SEEN para el tratamiento de la Diabetes), miembro...

leer más