Empresas
Ribadeo acolle ata o día 5 de xaneiro, domingo, un Rastrillo de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro.
Está na Rúa Viejo Pancho, número 4, baixo, e o horario anúnciase na porta do local.
Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa...
leer másA Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio poñen en marcha a campaña Regala en Nadal, Merca en Local, unha iniciativa para fortalecer o comercio de proximidade, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano. O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos a iniciativa, á que a institución provincial achega 50.000 euros.
PabloRivera destacou durante a presentación que esta campaña enmárcase no compromiso da Deputación de apoiar accións “que fortalecen o tecido comercial da provincia, buscando dinamizar as vilas, impulsar o consumo responsable e premiar a fidelidade dos consumidores que apostan polo local”. Nese...
leer másA XIV Festa do Comercio, que organiza Acisa, terá lugar o 11 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición moi especial coa que culminará o ano no que a asociación conmemorou o seu trinta e cinco aniversario.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “con esta campaña queremos poñer o broche de ouro á conmemoración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo que celebramos neste 2024. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Mallorca a pasar uns días, porque unha das primeiras directivas que tivo Acisa nos seus inicios xa sorteara unha viaxe a esa illa. E fíxonos ilusión repetir esa experiencia para pechar este ano tan especial para a nosa asociación”.
Cruzado Iglesias explicou que “hoxe presentamos a campaña da XIV Festa do Comercio, que se desenvolverá...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sía cidade. Pon en marcha este venres 29 e o sábado 30 de novembro a campaña “Black Friday, os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH explican que “serán 37 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e ata promocións doces como descontos nas larpeiras. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local”.
E subliñan que “é...
leer másCorenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
O xerente...
leer másAcisa Ribadeo entrega de forma gratuíta 4.800 novas bolsas para o comercio asociado. Están destinadas para a tempada de Nadal.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos facer polo Nadal este ano tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 13.000 euros para a adquisición destes materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Grazas a esta inversión contamos con 4.800 unidades destas novas bolsas comerciais”.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa Ribadeo, explicou que “deste xeito as nosas asociadas e asociados de comercio contarán con bolsas corporativas para o Nadal. Para o deseño utilizamos a imaxe de Acisa,...
leer másA Federación de Comercio A Mariña e Logística Reyco asinaron un convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente nun proxecto que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses nos centros de FP da comarca.
A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza do presidente do Grupo Reyco, Miguel Rey.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora nun proxecto nos centros de FP da Mariña no que levamos meses traballando e que nuns días sairá á luz”.
A presidenta da FCAM...
leer másLa empresa BeOne, concesionaria de la piscina municipal de Ribadeo, renueva su compromiso con Acisa y se convierte en el patrocinador principal de la Fiesta del Comercio y de la Gala de la asociación.
Acisa y BeOne así lo plasmaron en el convenio de colaboración firmado por Roberto Ramos, CEO de BeOne, y Carmen Cruzado, presidenta del colectivo empresarial ribadense. En el acto, que tuvo lugar en las instalaciones de Acisa, también estuvo presente el gerente, Jesús Pérez.
Ramos señaló que “desde BeOne colaboramos con las entidades locales de aquellos municipios en los que estamos presentes. En Ribadeo llevamos años gestionando la piscina municipal, apostando e invirtiendo en la mejora de nuestras instalaciones. Desde Acisa nos presentaron el año pasado una propuesta de patrocinio, la aceptamos, estuvimos...
leer másA asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 20.000 premios. Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e cumpren un dobre obxectivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiar a fidelidade dos clientes.
Serán un total de 42 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados. Participan: FYM Moda, Dr.Zapato, Kody, Sanjurjo Moda, Kalea, Misstic, Complementos Sulian, Versus, Tacones, Vogue, Pasteleria Vale, Muebles Catá, Bmd, Jonathans, Cesar Cocina y Baño, Biá-Biá, Nacar, Albo Zapaterias, Albo 55 Sneakers, Calzados Albo, Carlos Fotógrafos, Mimimó, Cobelinha, Optica Rosario, Tejidos Rogelio, Van Surf, Van Surf Sneakers, Africa Copias, Oscar Joyeros, Confecciones Justo Vazquez, Cocolatte, Platax,...
leer más