comercio

Etiquetas:
08/07/2020

Dende a Asociación de Comerciantes de Burela subliñan que “o comercio de Burela está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servizo de sempre, coidando da saúde de todos os veciños/as da nosa vila”. 

E engaden que “os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medida de prevención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coa normativa vixente”. 

Dende o CCA burelés din: “mandamos esta aclaración porque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial. Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir...

leer más
01/06/2020

Acisa Ribadeo distribúe cartelería nos locais de hostalería, que estes días abren as súas portas, coas recomendación fronte ao Covid-19 e entrega material nos comercios asociados para dar a coñecer os prezos especiais que moitos realizan antes das rebaixas de verán. O slogan elixido para esta ocasión é Prezos especiais para ti. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, declarou que “no contexto que vivimos agora mesmo non queremos promover unha campaña masiva de descontos, xa que cada comercio coñece as súas singularidades. Queremos dicirlle á cidadanía que, si ven a Ribadeo, poderá encontrar nalgunhas tendas, prezos especiais diante dunha situación especial, e para elo o que facemos é darlles materiais gratuítos aos nosos asociados e asociadas. En cada comercio deben tomar as súas decisións, pode haber establecementos que teñan necesidade de...

leer más
Etiquetas:
26/04/2020

O Centro Comercial Aberto de Burela lanza este luns a campaña Xogando Xuntos coa que queren dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfinamento. 

A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena é que existe moita creatividade, e queren aproveitar este momento para impulsar o comercio de proximidade. 

O comercio local de Burela ten unha elevada calidade dos seus produtos, por isto queren facer un agasallo de calidade mentres dure o estado de alarma e, seguramente, máis alá. 

“O comercio é o motor da localidade e as persoas que viven aquí sábeno ben, por iso queremos premiar aos nosos clientes có mellor que temos: os nosos produtos” indican desde a asociación. 

A dinámica 
A dinámica de...

leer más
Etiquetas:
11/04/2020

O Centro Comercial Aberto de Burela quere seguir animando a veciños e veciñas da localidade e darlle folgos durante estas duras semanas de confinamento. Para tal fin veñen de crear un vídeo publicado na súa páxina de Facebook no que intentan motivar aos clientes para que confíen no comercio de proximidade e así poidan axudar á recuperación económica local unha vez pase a corentena. 
https://www.facebook.com/ccaburela/videos/149594083137890/ 

Desde o colectivo pensan que esta situación é moi complicada e os folgos flaquean a estas alturas, pero esperan que os bureleses e burelesas aporten, na medida das súas posibilidades, para que o futuro da localidade sexa menos incerto. 

A situación dos comerciantes 
Tamén desde a directiva...

leer más
28/02/2020

En marzo Acisa estrenará su propia app. Se denomina Ribadeo cerca de ti y ofrecerá novedosos servicios a clientes y socios. Se trata de una nueva herramienta que pretende convertirse en esencial y referente en el entorno de Galicia y Asturias. 

Ayer, jueves, la nueva directiva del colectivo empresarial presidida por Francisco Iriarte anunció ante sus socios las líneas de trabajo para los próximos dos años, entre las que destacó la presentación a principios del marzo de su nueva app Ribadeo cerca de ti.

Según indica Jesús Pérez, gerente de ACISA, “Ribadeo cerca de ti es la nueva plataforma online para acercar el comercio y la hostelería local a sus vecinos y visitantes, en la que podrán encontrar toda la información que necesitan para vivir, ver, visitar y disfrutar de Ribadeo, permitiendo a nuestros socios...

leer más
12/02/2020

Acisa sortea  durante os xoves do mes de febreiro un total de 88 consumicións en 9 locais asociados. Con esta campaña denominada Saír de Copas en Ribadeo sáeche gratis a asociación anima a gozar da noite ribadense. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha campaña con dous obxectivos claros: facer publicidade dos nosos establecementos asociados deste sector e potenciar a imaxe de Ribadeo como vila de ocio nocturno. Con esta iniciativa pretendemos reforzar a publicidade de Ribadeo como un lugar ao que merece a pena vir tomar as copas os venres e os sábados, e por iso poñemos en marcha unha gran campaña de publicidade tanto en radios como en redes sociais. Ribadeo é un lugar estupendo para saír con boa música e bo ambiente, polo que cremos que está ben recordarllo á xente para que se anime a seguir vindo a Ribadeo”....

leer más
Etiquetas:
12/01/2020

Acisa repartiu noite na IX Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos dous vindeiros meses. 

Desde o pasado 1 de decembro Acisa repartiu 200.000 papeletas entre os clientes do comercio e da hostalería asociados. Milleiros de persoas encheron nesta xélida noite a carpa e os arredores do parque de San Francisco. Tres pantallas xigantes e varios altavoces permitiron que todo o público puidese seguir con comodidade, tanto no interior como no exterior, a IX Festa do Comercio da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, que tamén se retransmitiu en directo a través de facebook.

O primeiro premio foi o denominado como non presencial, que se coñeceu mediante un programa informático, e que lle...

leer más
Etiquetas:
23/12/2019

Os alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo de 6º de primaria, trasladáronlle a ACISA Ribadeo varios vídeos e audios nos que agradecen a colaboración do comercio local asociado coa elaboración dunha cesta especial de Nadal para recadar fondos para a súa excursión e ademais neles subliñan a importancia do comercio da nosa vila.

O presidente de ACISA Francisco Iriarte dixo: “estamos moi contentos de que os nen@s tan xoves de Ribadeo sexan conscientes da importancia que ten o comercio local, das súas vantaxes, e de que prefiran mercar na vila que por internet. E por suposto quero agradecerlles este traballo audiovisual, xa que creo que nós non puidéramos ter deseñado unha campaña de concienciación mellor que esta”.

O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez indicou: “temos que destacar que foi unha iniciativa...

leer más
Etiquetas:
02/12/2019

O xoves, 5 de decembro, comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumándose así ó dia no que o Concello inaugura o Belén e acende o alumeado de Nadal. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.  

Comezará a campaña o xoves 5 ás 19:00 horas inaugurando a árbore de luces xigante instalada na Praza Maior, que se amplía e que alcanzará en total uns 11 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais, e o que suba unha foto co selfie máis divertido gañará unha cea para 2 persoas. 

As rúas respirarán aire de Nadal coa decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos...

leer más
Etiquetas:
02/12/2019

Acisa reparte 15.000 bolsas entre os seus comercios asociados para a campaña de Nadal. Son biodegradables e dun único tamaño. As bolsas foron presentadas polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e por Manoli Torviso e Mª Antonia López, tesoureira e secretaria respectivamente do colectivo empresarial. 
Iriarte explicou que “co obxectivo de seguir axudando aos asociados e asociadas, ademais de facer campañas de dinamización, sorteos, etc… tamén queremos axudarlles a aforrar custes na medida das nosas posibilidades. Po ese motivo e ao igual que xa fixemos noutras ocasións para este Nadal repartimos 15.000 novas bolsas de Acisa”.

Pérez engadiu que “nesta ocasión son bolsas dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade...

leer más