Foz
O grupo teatral O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, organiza a oitava edición da súa gala solidaria o día 7 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz. Neste acto representarán a súa comedia titulada A morte morrida.
“No grupo teatral O Centiño, de San Martiño, levamos xa moitos anos celebrando pola época do Nadal unha gala solidaria co gallo de recadar fondos para as persoas máis necesitadas. Representamos algunha das nosas obras ou ben convidamos a amigos doutros grupos teatrais para que participen connosco. A entrada a esta Gala é libre e no descanso da mesma pasamos unha cesta para recadar os donativos que os asistentes estimen oportuno dar. Deste xeito queremos demostrar que o teatro, ademais de ser unha arte, é unha forma de facer feliz á xente, tanto aos espectadores, que poden desfrutar dun bo rato...
leer másFoz continúa esta fin de semana, do venres 29 de novembro ao domingo 1 de decembro, coa súa ampla programación cultural, con dúas representacións teatrais e un concerto.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz é sinónimo de investimento cultural. Esta fin de semana volve a ser intensa, con actividades todos os días e para toda a familia” e especifica: “este venres comezamos coa representación teatral Invisibles, de Redrum Teatro. Será na Sala Bahía ás 20:30 horas, con entradas a 5 euros. Invisibles é todo o que non queremos que sexan os casos de violencia contra a muller. Por iso traemos esta obra con fonda mensaxe social. O sábado ás 20.00 horas na Sala Bahía a Banda de Música de Foz celebrará o seu concerto de Santa Icía, para facernos desfrutar a todos da boa música. Este ano os...
leer másEn Foz celebrarase un Festival de Nadal con concerto de panxoliñas o día 14 de decembro, sábado, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila focega.
Este evento musical está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará xunto ao grupo local Mar Aberto.
A Aula Universitaria da UNED de Foz programa para este vindeiro mes de decembro un curso de alimentación, un obradoiro de plantas medicinais, a presentación dun libro de poemas e unha actividade infantil de Nadal.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”.
Dentro da súa programación destaca o curso de extensión universitaria Alimentación fácil e saudable: tips e receitas para o día a día, impartido por Saray Río, nutricionista veciña de Foz e profesional con ampla experiencia no ámbito da saúde e a formación. “Esta...
leer másA Banda de Música de Foz celebrará a patroa dos músicos, Santa Icía, con un concerto que será este sábado, día 30, de novembro, na Sala Bahía, ás 20:00 horas.
Para esta actuación a Banda de Foz contará con José García é Álvaro Fernández como artistas invitados.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 8 de decembro, domingo, a ruta de Maeloc, en Bretoña (A Pastoriza). A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 4 de decembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e destaca que nese percorrido gozarán dunhas vistas magníficas xa que subirán ao alto de Carracedo.
A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal. Poderá participar todo o alumnado do concello de Foz, nas tres categorías existentes: Educación Infantil, Primaria A (1°, 2° e 3°) e Primaria B (4°, 5° e 6°). Dende este luns, día 25 de novembro, poderán entregarse os traballos na propia biblioteca e recolleranse ata o día 12 de decembro ás 20.00 horas.
O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.
A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.
“Estamos moi contentos de levar a cabo...
leer másCon motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Foz programa varias actividades ata o día 4 de decembro: unha exposición, unha concentración, un espectáculo de contacontos, unha representación teatral e unha charla.
A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, explica: “como cada 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o Concello de Foz volvemos manifestar o noso constante compromiso para erradicar calquera tipo de violencia machista e transmitir á sociedade a importancia de traballar valores a prol da igualdade e o respecto polas persoas”.
A programación de actividades polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller en Foz xa comezou a inicios do mes de novembro coa exposición Mulleres de...
leer másO Concello de Foz abrirá a sala de estudos da biblioteca municipal Salgado Toimil este vindeiro luns, día 18 de novembro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz continúa o seu esforzo inversor na cultura e a formación. Con cargo a fondos propios levou a cabo un cambio de uso nunha sala infrautilizada da Casa da Cultura. O investimento supera os 10.000 euros. A sala do primeiro andar que se utilizaba para exposicións cambia de uso para ser unha sala de estudos, xa que as exposicións teñen o seu lugar no CENIMA”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que era “unha demanda que nos trasladaban os opositores, a xente que vén estudar todos os días á biblioteca, é dispoñer dun espazo cómodo e en silencio para poder concentrarse. Ampliamos o horario da biblioteca e agora cumprimos tamén con...
leer másEsta fin de semana o Concello de Foz trae dúas representacións para que pequenos e maiores disfruten ao máximo o venres e o domingo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o venres chegará a compañía Galeatro coa obra Wombo Combo, unha historia sobre a relación dos nenos cada vez máis coa tecnoloxía e o virtual é menos no real. Unha historia na que a vida mesma se nos expón nas contradicións e dificultades do hoxe. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas, para público a partir de 5 anos e gratuíta. E o domingo 17 chega a maxia da man do mago Joshua Kenneth. Na Sala Bahía ás 12:00 horas poderemos ver unha selección de imposibles, con elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. É para todos os públicos. O prezo é de 2 euros para os pequenos e de 3 euros para os adultos”....
leer más












