Foz

Etiquetas:
06/05/2022

AciaFozCCA colaborará por quinto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 13 ao 23 de maio. 

Pilar García, representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala. 

Nos establecementos participantes haberá situadas huchas para deixar os donativos que @s seus clientes queiran depositar. 

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”. O...

leer más
Etiquetas:
05/05/2022

Celebra o Día das Letras Galegas no comercio de Foz coa asociación cultural Andaravío. Este é o slogan da nova campaña que organiza AciaFozCCA e que permitirá ver traxes rexionais galegos nos escaparates dos negocios participantes. 

Javier Ben, presidente da asociación cultural Andaravío, explica que “lo que vamos a hacer es exponer nuestros trajes. Nosotros somos una asociación que divulgamos la cultura tradicional: nuestro traje, nuestra música, nuestro canto, todo. Empezamos con una exposición de trajes, que vamos a sacar a la calle colaborando con AciaFozCCA. Los propietarios de locales de Foz van a dejarnos una parte de sus escaparates para colocar nuestros trajes durante una semana cultural, que será la de las Letras Galegas”.

Ben lembrou que “AciaFozcca ya lo ha hecho varias veces con los disfraces de...

leer más
Etiquetas:
04/05/2022

Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos 15 soldos de AciaFozCCA, sorteados hoxe dentro das campañas dos días do pai e da nai. A asociación regalou 15 soldos, un total de 6.000 euros en vales de compra para gastar de xuño a novembro. 

Os gañadores dos 5 soldos de 100 euros mensuais, de xuño a novembro, son: Marta Fra, que mercou en Decoraciones Pura; Carmen Castro en La Flor Abulense; Antonio Peláez, en Librería A Rapadoira; Carmen Otero en Kukadas; e Vanesa Losa en Milar. 

E os gañadores dos 10 soldos de 50 euros mensuais son: Constantino Pérez, que fixo compra en Ofifoz; Montse Fernández en Decoraciones Pura; Carmen Fernández en Chinela Nenos; Mª Luisa Alonso en Kukadas; Dulce López en Lencería Esther; Rebeca Fernández en Mercería Vera; Tania Novás en Vas’s; Elisa Vilaseca en Ferretería Fuente; Manuela Otero en...

leer más
Etiquetas:
03/05/2022

Mª Dolores Labrada, de San Martiño, é a gañadora do vale de 150 euros en produtos de Pastelería Anduriña. No sorteo, celebrado esta mañá en Radio Foz, entraron todas as persoas que fixeron as súas compras por importe de 15 euros ou máis neste local do 22 de abril ao 1 de maio durante a súa 8ª Festa da Empanada. 

Moncho Castro, o propietario do establecemento, fai un balance positivo: “o balance é moi positivo. Sobre todo o que notamos é que os clientes se animaron a probar as variedades que non son tan habituais. Agora estes vindeiros días cos encargos que estamos a recibir é cando realmente notaremos o efecto que ten a festa”. 

A 8ª Festa da Empanada de Pastelería Anduriña, de Foz, inclúe unha exposición de homenaxe á Coral Polifónica de Foz, que a piques está de cumprir 40 años. Moncho Castro lembra que “todos...

leer más
Etiquetas:
28/04/2022

A Biblioteca Pública Municipal de Foz Salgado Toimil para conmemorar o Día do Libro levará a cabo unha actividade de animación á lectura, “Selvas de palabras”, que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura este sábado, 30 de abril, ás 12:00 horas. No acto intervirán Andrea Maceiras, escritora de literatura infantil e xuvenil e Inés López Couto, concelleira de Cultura. Unha vez finalizada a presentación, sortearanse entre as persoas asistentes dous lotes de libros.
 
O evento está dirixido para un público familiar e infantil de 8 a 12 anos e a entrada é libre ata completar a capacidade.
 
A escritora Andrea Maceiras convidaranos a unha viaxe literaria por dúas selvas: a selva amazónica onde nos descubrirá aos protagonistas da súa novela A folla azul (Premio Merlín, 2020) e a selva do sueste asiático onde coñeceremos aos personaxes da...

leer más
Etiquetas:
26/04/2022

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta da liga de sendeirismo de Galicia que se celebrará, o 8 de maio, pola Devesa da Rogueira no Caurel.

A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.

As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 3 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 43 euros para os socios federados, 47€ para os socios non federados e 51 euros para o socio temporal. Está incluído o bus e o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio-alto.

O Concello de Foz colabora coa organización desta actividade.

Etiquetas:
25/04/2022

A asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 25 e  28 de abril a VII edición das Xornadas  Sentirmos a  Arte  con catro conferencias que se realizarán ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz
 
O programa das  xornadas  é o seguinte:
 
Luns 25. O que transcende á mirada
Ignacio Castro “Nachok”
 
Martes 26. Falando do cotiá
Sabela Arias 
 
Mércores 27. Un proxecto de vida?
Mauro Leivas
 
Xoves 28. Atrezzo.Territorio
Cristian Villamide

 

Etiquetas:
21/04/2022

Este sábado, día 23, conmemórase o Día do Libro, para o cal o Concello de Foz organiza diversas actividades durante as dúas últimas semanas de abril. E o domingo haberá un concerto solidario a prol do pobo ucraíno.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o día 23 as librerías focegas sacarán os seus libros á rúa e compartirán cultura nas casetas instaladas na praza da Glorieta de Vilalba. Alí poderá achegarse todo o mundo para mercar as novidades editoriais así coma os clásicos. Ás 18 horas o contacontos Pablísimo ofrecerá un espectáculo para os máis pequechos da casa na mesma praza da glorieta de Vilalba, actividade que en caso de choiva se trasladará á Biblioteca Municipal Salgado Toimil. Continuando coas nosas letras, o sábado 30 será a escritora Andrea Maceiras a que se achegará a Foz, ás 12 horas na Casa da Cultura....

leer más
Etiquetas:
20/04/2022

Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 8ª Festa da Empanada do 22 de abril ao 1 de maio. 

Moncho Castro, o propietario do establecemento, explica que “durante eses días os amantes da empanada poderán degustar ata 45 tipos diferentes. Teremos, coma sempre, empanadas do mar, da terra, veganas, vexetarianas e doces. Cada día ofreceremos entre 6 ou 7 distintas para a súa degustación”. 

Na ampla oferta de empanadas de Pastelería Anduriña podemos atopalas salgadas de zamburiñas, de berberechos, de polbo con gambas, de pescada con gambas, de sardiñas, de carne de tenreira e cabrales, de zorza, de polo con patacas fritas, de espinacas con bechamel e tropezóns de xamón york e queixo, de cebola caramelizada, de salteado de verduras con tofu ou rechea de escalibada con bechamel. E doces como pastelón de mazá, de cabelo de...

leer más
Etiquetas:
20/04/2022

A Escola de Música de Foz organiza un concerto solidario a favor de Ucraína que se celebrará o vindeiro domingo, 24 de abril.

A actuación, baixo o título Música para Ucraína, correrá a cargo da Aula Coral a partires das 17:30 horas e terá lugar na igrexa parroquial.

As doazóns solidarias recadadas irán destinadas a favor de ACNUR e as aportacións á fila O pódense facer en La Caixa (ES42 2100 2262 1602 0028 6870) e a través de Bizum co código de ingreso 02971. Como concepto hai que indicar: Ucraína concerto solidario Escola de Música de Foz.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.