Gastronómicas

22/04/2017

Do 28 ao 30 de abril terán lugar as terceiras xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que organiza Acisa e nas que participan 21 locais hostaleiros.

Os que se acheguen a Ribadeo eses días atoparán unha grande variedade de produtos gastronómicos típicos asturianos, desde menús fin de semana ou menús degustación ata racións, tapas e pinchos dos pratos máis representativos da veciña Asturias. 

Ademais haberá ambientación de música asturiana polas rúas de Ribadeo. O venres, día 28, a partir das 20:30 horas correrá a cargo do grupo Brisas del Eo, de Abres; o sábado a mediodía e ao solpor a nota musical poñeraa o grupo de gaitas El Trasno, de Coaña; e xa o domingo a mediodía a banda de gaitas Subela será a encargada de animar Ribadeo e as zonas de bares dentro destas terceiras xornadas gastronómicas Asturias en...

leer más