hostalería
Acisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas campañas en novembro. Estes foron algúns dos acordos acadados na reunión mantida pola xunta directiva de Acisa hai uns días. Nese encontro definíronse as liñas de actuación para os vindeiros meses.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este mes de outubro rematará realizando seis campañas. Os días azuis do comercio galego, que acaban de rematar. Esta fin de semana celebrarase unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e unha Noite Aberta para o comercio. O luns que ven comezará en Ribadeo a campaña da FCAM co sorteo de 1.000 euros en vales de premios en comercios e hostalería; poñeranse a disposición dos veciños as...
leer másDo 26 de novembro ao 11 de decembro terán lugar os cursos de formación para profesionais da hostalería que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Serán impartidos pola Asociación de Cociñeiros da comarca e desenvolveranse no restaurante O Asador del Alba, en Barreiros.
Como todos os anos, desde o 2016, a Mancomunidade ofrece formación específica para as empresas de restauración e hostalería, que se desenvolve grazas ao convenio firmado pola Mancomunidade e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. A devandita formación vai dirixida este ano ao persoal de cociña co interese de fomentar o produto local.
Esta formación estará impartida pola Asociación de Cociñeiros da Mariña, que busca coa súa entidade dinamizar, promocionar...
leer másLa Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos promociona las compras en el comercio local los domingos por la mañana y el consumo en la hostelería local con la campaña Domingueo en Ribadeo.
El objetivo de esta campaña pasa “por potenciar las compras durante los domingos por la mañana y por dar a conocer un poco más a Ribadeo a aquellas personas que tenemos más cerca. Oviedo, Avilés, Gijón o Lugo están a poco más de una hora en coche y por autovía. Desde A Coruña te pones en Ribadeo en menos de hora y media. Queremos dirigirnos a ese público, a esa clientela, a la que queremos animar a pasar los fines de semana en la localidad o a acercarse a disfrutar de los domingos. Estamos muy cerca y tenemos muchas cosas que ofrecerles: comercio referente y próximo y una hostelería en constante movimiento dispuesta a sorprenderles...
leer másA nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.
Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.
Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.
... leer másAcisa Ribadeo ven de editar outros 10.000 rueiros e 10.000 manteis e outros tantos posavasos, que distribuirá gratuitamente estes días polos hoteis, bares e restaurantes asociados.
O presidente en funcións de Acisa Ribadeo, David Martínez, anunciou que “desde ACISA Ribadeo, co fin de dar máis promoción e publicidade aos nosos asociados, así como axudar ao sector de hostalería con material que poidan utilizar, este ano decidimos volver editar 10.000 unidades actualizadas dos nosos rueiros”.
Martínez maifestou que “ademais, como outra forma de apoiar á hostalería con material que poidan utilizar na súa actividade empresarial e aforrar custes, este ano editáronse 10.000 manteis de papel individuais e 10.000 posavasos cun deseño elegante e bonito. Tamén ten un carácter promocional xa que non só se fai publicidade da...
leer másMañá, martes, Acisa efectuará o 2º reparto dos rueiros editados hai algunhas semanas. En total repartiranse nesta quenda 7.000 unidades entre os hoteis asociados, na Oficina de Turismo, na praia das Catedrais e no Real Club Náutico de Ribadeo.
Desde a directiva explican que “este segundo reparto faise despois de actualizarse o mapa de asociados, debido ao elevado número de altas que tivemos en Acisa nos últimos tempos”.
En Acisa subliñan que “todo aquel asociados que desexe ter exemplares para entregar aos seus clientes, sexa comerciante ou hostaleiro so ten que solicitalo. O obxectivo é dar a coñecer aos nosos asociados e asociadas, a turistas e visitantes todo o que poden atopar cando chegan a Ribadeo”. E engaden que “deste xeito concluímos o programa de publicidade e promoción que na asociación puxemos en...
leer másAcisa pon en marcha unha campaña para fomentar as compras e as visitas a Ribadeo durante as xornadas dos domingos. Domingueo en Ribadeo, ese é o slogan elixido pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para animar as mañás dominicais.
O presidente de Acisa, David Martínez, explica que “o que queremos é que a xente teña moi presente que os domingos pola mañá, desde hai moitos anos, o comercio de Ribadeo abre as súas portas para facilitarlles as compras. Queremos que os veciños e veciñas da comarca da Mariña, do Occidente asturiano, e tamén doutros puntos como Lugo, Avilés ou Xixón, por exemplo, veñan tomar uns viños, vermús, que veñan tomar o aperitivo ou xantar á nosa hostalería, que veñan mercar roupa, agasallos, complementos ou mesmo a prensa ou o pan ao nosos locais asociados. Calquera día é bo para vir a...
leer másAcisa ultima os preparativos da VI Cea de Gala que terá lugar o vindeiro venres, día 17, ás 21:30 horas no hotel restaurante Voar, de Ribadeo. No evento entregaranse os premios anuais da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que este ano recaen en Antonio Pertejo Castaño e no restaurante A Cofradía, de Rinlo.
Antonio Pertejo recibirá o premio Ribadense Honorífico, “como empresario histórico ribadense de grande relevancia”, sinalan desde a directiva de Acisa. E como Socio do Ano o premio é para o restaurante A Cofradía “pola súa traxectoria como asociado de Acisa e por ser un negocio próspero que está facendo medrar a proxección turística de Rinlo e de Ribadeo”.
Desde Acisa animan “a todos os asociados e asociadas a que acudan a esta cita anual na que se comparten vivencias e experiencias. Será unha velada...
leer más












