Mañón

Etiquetas:
12/08/2015
Do 20 ao 22 de agosto terán lugar na Casa do Concello de Mañón as V Xornadas "Memoria dun tempo", que organiza Nordés.
 
Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado. 
Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito...
leer más
Etiquetas:
02/07/2015
Nordés organiza unha conferencia sobre arqueoloxía subacuática do Norte de Galicia no Barqueiro (Mañón). Será este sábado, 4 de xullo.
 
Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora organiza unha conferencia con audiovisuais para o sábado 4 de xullo. A devandita conferencia correrá a cargo de David Fernández Abella,  arqueólogo de pé e de aleta, fundador da empresa “Argos”, adicada a  realizar proxectos e intervencións tanto no ámbito terrestre como subacuático, que ten mergullado unha boa parte do mar costeiro de Galiza na  procura de restos arqueolóxicos. Será no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, no Barqueiro, e a partir das 8 da tarde baixo o título: "Da Ragazzona ó pecio de Xove: arqueoloxía subacuática do norte de Galiza"
 
David Fernández Abella é Licenciado en Historia coa especialidade en Arqueoloxía, Historia Antiga e Historia...
leer más