Partido

Etiquetas:
27/02/2015
O Burela FS poñerá a proba a súa sólida defensa ante a capacidade ofensiva do Marfil. O partido será este sábado, 28 de febreiro, ás 18:30 horas en Vista Alegre.
 
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre ao Marfil Santa Coloma nun duelo de iguais con 1 só punto de distancia entre a novena praza dos cataláns (27 puntos) e a undécima dos galegos. Os pupilos de Juanlu saltarán á pista ás 18.30 horas para poñer a proba a sólida defensa laranxa ante o envite ofensivo dos visitantes, máximo goleador da competición (115 tantos a favor).
O conxunto burelista chega á cita sen contratempos, con pleno de efectivos, logo de plantarlle cara ao mismísimo ElPozo Murcia (5-4), a piques de dar a sorpresa. “Estamos nun bo momento de forma, probablemente no mellor momento de xogo da tempada, pero pésanos un pouco a racha de cinco partidos sen gañar; necesitamos romper esa dinámica” falaba así Juanlu da actualidade laranxa.
... leer más
Etiquetas:
20/02/2015
O Burela FS recibe ao Móstoles co debut de Lucas en Vista Alegre. O partido será este sábado, 21 de febreiro, ás seis e media da tarde.
 
O Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá o Móstoles FSF ás 18.30 horas. A 19ª xornada de Primeira División RFEF será o primeiro encontro de Iván Cao, Lucas, en Vista Alegre á fronte do equipo mariñán: “A medida que se achega o momento van aparecendo os nervios por ver desde o banco o grande ambiente de Vista Alegre nos partidos de Primeira, pero supoño que unha vez que soe o asubío inicial todo desaparecerá; a miña experiencia sobre a pista indícame que despois a concentración só se centra no que pasa no campo de xogo” explicaba con emoción o técnico formado na estrutura burelista. 
Desde a terceira praza, con 40 puntos, o Burela FS recibirá ao oitavo clasificado (25 puntos), que vén de empatar co líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (3-3) e que conta con Patri Chamorro...
leer más