Ruta

Etiquetas:
25/10/2023

O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.

 

Etiquetas:
24/10/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 12 de novembro, domingo, unha ruta desde o Barqueiro ata Estaca de Bares. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 35 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 45 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 8 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
21/08/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro, no municipio de Foz, para o 3 de setembro, domingo. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Descanso.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 31 de agosto, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.

Etiquetas:
31/07/2023

Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina. Nesta ocasión será para realizar a ruta circular de Fazouro con saída ás 9 horas desde a Ponte de Ferro (Fazouro) o vindeiro sábado, 5 de agosto. 

O último día para anotarse será o venres 4 e os prezos, como de costume, serán de 5 euros para os non federados e de balde para os que si o sexan. 

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo, xa que a dificultade da ruta a realizar é media. As persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información poden dirixirse aos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 e ao correo electrónico ossendeiros@yahoo.es

Os Sendeiros conta coa colaboración do Concello de Foz. 

Etiquetas:
10/07/2023

O Concello de Ourol organiza un percorrido con dezasete puntos de visita pola arquitectura indiana do municipio os días 5 e 6 de agosto. Comezando na Casa de Puentes e rematando co Cemiterio Indiano de Xerdiz. A ruta realizarase nun autobús propio da arquitectura da época. 

Precísase de previa inscrición, que se abrirá a mediados do mes de xullo. Ademais pode recibirse máis información no teléfono 982.55.90.19. Tamén existe un mapa interactivo no que se poden ver imaxes dos edificios e paradas que se farán durante a visita. Cada un dos dezasete recursos conta con información específica accesible dende a web de Turismo de A Mariña Lucense.

O proxecto está organizado polo Concello de Ourol pero conta co apoio da Mancomunidade de A Mariña Lucense, con cargo ao Plan de Sostebilidade Turística da Mariña Lucense,...

leer más
Etiquetas:
02/07/2023

Para o vindeiro sábado, 8 de xullo, o colectivo Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polas igrexas do municipio focego. A saída será ás 9 da mañá desde diante da Casa do Concello. 

O prezo desta actividade é de 5 euros para os socios non federados mentres que para os federados é gratis.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Os organizadores explican que é unha ruta “por una parte del patrimonio religioso de nuestro municipio: pasaremos por la capilla de San Blas, Basílica...

leer más
Etiquetas:
05/06/2023

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras leonesas o día 18 de xuño.

A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá entre Faedo de Ciñera e a Cueva de Valporquero cun nivel de dificultade media. A saída será ás 6:30 horas de Foz e ás 6:45 de Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse ata o luns 12 de xuño nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017; ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es

Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os socios temporais. Non está incluído o importe da entrada á Cueva de Valporquero, que é de 8´5€.

Recoméndase levar a comida e equipo de sendeirismo.

O Concello de Foz colabora na...

leer más
Etiquetas:
30/05/2023

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a Piornedo (Ancares) os días 16, 17 e 18 de xuño.

A saída será o venres 16 ás 18:30 horas do Cantón de Vilanova. O sábado 17 terá lugar a ruta do Pico Agulleiro, de 14 quilómetros e unha dificultade media-alta; e o domingo 18 a do Sendeiro Novo, de 8 quilómetros e dificultade baixa.

As persoas interesadas poden inscribirse antes do 14 de xuño ás 20:00 horas, no teléfono 647 06 70 54. Os prezos son: 110 euros para os socios e 120€ para os non socios. O réxime de aloxamento é de media pensión. A asociación subvenciona parte da viaxe aos socios. As prazas son limitadas.

 

Etiquetas:
22/05/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga de Vilapena, no municipio de Trabada, para o 27 de maio, sábado. A distancia son 10,3 quilómetros e a dificultade é meida-baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no mesón Camiño Norte, de Trabada.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 24 de maio, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son. 

 

Etiquetas:
02/05/2023

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio. 

O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa. 

As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros. 

Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso...

leer más