Rutas

Etiquetas:
21/03/2016
Barreiros organiza "Viaxes culturais" os días 25 e 26 de marzo. Trátase de rutas guiadas en autobús para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural do municipio.
 
O Concello, en colaboración coa Aciam de Barreiros e coas asociacións Barreiros Mar e Monte e Luz de Tea, poñen en marcha esta Semana Santa o proxecto Viaxes Culturais, os días 25 e 26 de marzo.
 
Estas viaxes consisten en rutas guiadas en autobús dirixidas a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis profundamente o patrimonio natural e cultural deste municipio de A Mariña luguesa. As Viaxes Culturais realizaranse os días 25 e 26 de marzo, ás 10.00 da mañá.
 
Segundo explicaron os organizadores na presentación, que tivo lugar esta mañá, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedreo, “esta  constitúese coma unha viaxe a través do patrimonio...
leer más
Etiquetas:
14/03/2016
Os Sendeiros de Foz organizan dúas andainas durante a vindeira Semana Santa. Unha á cascada de San Estebo e outra á ruta do Masma.
 
A primeira delas será o venres, día 25, á cascada de San Estebo en Barreiros. E  segunda o sábado, día 26, á ruta do Masma.
 
A saída está prevista para as nove da mañá de diante do Concello e a volta para xantar en Foz sobre as dúas da tarde. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e a dificultade de ambas rutas é media. 
 
As persoas que estean interesadas poden chamar aos teléfonos 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís). 
 
Etiquetas:
30/10/2015
Pensamento e Sementeira programa durante o outono rotas guiadas, cine e un acto sobre o Sáhara. Haberá unha camiñata polos acantilados de Loiba o 8 de novembro.
 
O Colectivo viveirés Pensamento e Sementeira comeza as actividades da Programación de Outono cunha “Camiñada polos acantilados de Loiba”. Esta visita que conta co apoio do Concello de Viveiro, é totalmente gratuíta e desenvolverase o domingo 8 de novembro. 
Un autobús ,que sairá de Viveiro ás 10 da mañá, achegará aos participantes nesta excursión até o areal de Esteiro, desde alí, e guiados por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro, percorrerán os acantilados de Loiba. A camiñata, que terá unha duración aproximada de tres horas, e doada de realizar. Ademais contará con algunha paradiña, se cadra para sentar no que dín é “o mellor banco do mundo”.
O colectivo programou para os días 11, 18 e 25 de novembro un “Ciclo de Cine de...
leer más
Etiquetas:
23/09/2015
Xove acollerá o Día da Bici o vindeiro domingo, 27 de setembro. Está organizado pola ACD Xove o polo Concello.
 
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove  xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
 
Colaboran con esta actividade...
leer más
Etiquetas:
17/04/2015
El grupo de montaña del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, organiza dos nuevas rutas los días 25 y 26 de abril.
 
Desde el grupo explican que “la primera será el día 25 y nos desplazaremos al concejo de Aller para realizar la ruta de Las Brañas Alleranas de la mano de nuestro amigo-guía Emilio. La segunda será el domingo 26. En este día se celebra el Día Regional de Senderismo 2015 y este año se organiza conjuntamente entre Fempa y el Foro de Comunicación y Escuela, que nos invitó a participar junto con los grupos de montaña de Luarca (Estoupo) , Navia (Peña Furada) y Vegadeo (Pandela)”.
La salida de las dos rutas tendrá lugar a las siete de la mañana. Para la ruta de Las Brañas el autobús parará en Salcedo, Gasolinera Oviedo y Moreda. Para la ruta de la Hucha el bus parará en Castropol y en Vegadeo. 
Las personas interesadas en participar...
leer más
Etiquetas:
06/04/2015
O Concello de Cervo editou dous mil folletos promocionais sobre as rutas de sendeirismo que discorren a carón dos ríos Xunco e Covo.
 
O Concello vén de editar 2.000 exemplares de material promocional sobre as rutas de sendeirismo do municipio. En concreto, os veciños e visitantes poden percorrer o concello a través de tres sendeiros peonís acondicionados e sinalizados para ese fin e dos que atopan toda a información nestes folletos. 
Unhas publicacións nas que se poden consultar datos xerais sobre a localización, dificultade, duración estimada, coordenadas de inicio, itinerario e puntos de interese, e tamén técnicos como a distancia, o tipo de superficie e as cotas máximas e mínimas. Ademais, conta cunha descrición sobre os atractivos de cada ruta e a súa situación no mapa.
Uns folletos cos que “poner en valor y disfrutar de lugares de gran riqueza natural y...
leer más