Rutas

Etiquetas:
10/10/2023

Éxito da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado sábado. Este proxecto está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

Xa están esgotadas as prazas para as actividades que se desenvolverán os días 12 e 14 de outubro. O vindeiro xoves día 12 Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). E o sábado 14 de outubro con Boris Vilar e o artesán ferreiro JOMACA (José Mario Cabo) os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. Xa o sábado, día 15, Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes...

leer más
Etiquetas:
27/09/2023

O 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz. 

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “tras o éxito de A Mariña en Ruta nos anos 2020, 2021 e 2022 con máis de 700 participantes nas 3 edicións celebradas, o proxecto pretende continuar neste 2023 dando a  coñecer a riqueza...

leer más
Etiquetas:
26/09/2023

O Concello de Viveiro anunciou hoxe a dixitalización de máis de 80 quilómetros de rutas de sendeirismo e paseos, dentro do programa ‘Descubre Viveiro’, para impulsar o turismo sostible e de natureza.

A presentación das rutas correu a cargo da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e Horacio Albo, de EI Estudio de Comunicación.

“Desta maneira, foméntase un turismo desestacionalizado e respectuoso cos nosos numerosos recursos naturais, o Souto da Retorta, a ruta dos Muíños de Balea, a subida aos nosos montes máis importantes, San Roque, Castelo, Penedo do Galo, o paseo fluvial, o paseo marítimo e moitos máis, evitando deste modo as masificacións nun so lugar”, explicou a alcaldesa de Viveiro.

Marisol Rey engadiu que “os visitantes poden consultar...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

A Deputación de Lugo botou a andar este martes a segunda quenda de viaxes da terceira edición do programa Coñece a túa provincia.Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores e venres, nas que participarán máis 1.230persoas de 55 entidades da provincia ata o 7 de novembro.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, foron os encargados de dar a benvida ás primeiras entidades participantes desta nova quenda de viaxes: aasociación de veciños San Cristovo de Mouricios, de Chantada, e a asociación cultural e de veciños Fumiña-Paraxes, da Pastoriza. Os chantandinos visitaron o Pazo de San Marcos e achegáronse ao municipio de Cervo, mentres que o colectivo pastoricense coñeceu o traballo que realiza a Produtora de Audiovisuais, e os...

leer más
Etiquetas:
04/08/2023

O Concello de Trabada organiza rutas de sendeirismo durante o verán. Todas elas darán comezo ás 10 horas na Oficina de Turismo cada mércores e domingo de agosto. Para participar, é preciso anotarse nos teléfonos 982-14-39-56 e 982-13-50-11 en horario de 10 a 14h ata o día antes da ruta que se desexe realizar.

A primeira ruta será o mércores 9 pola Fraga de Becerreira, que se repetirá tamén o domingo 27. Seguidamente, o 13 poderá realizarse a ruta do Monte Roxal-Teixido e o mércores 16 a ruta do Vento. Tamén, o domingo 20 está organizada a ruta da Subida ao Picato, que tamén está prevista para o domingo 30.

Etiquetas:
03/04/2023

O Concello de Ribadeo organiza 5 roteiros guiados durante esta Semana Santa. 

O mércores, 5 de abril, desenvolverase a XeoRuta dos Ollos con saída ás 10:30 horas desde a praza de Santa Catarina, en Rinlo. 

Para o xoves, 6 de abril, estará prevista unha ruta polo Ribadeo Indiano, que partirá ás 17:00 horas da Oficina de Turismo. 

O venres, día 7, será tempo para que os visitantes poidan achegarse ata o Ribadeo Ilustrado. Esta ruta sairá tamén ás cinco da tarde das inmediacións do Concello. 

O sábado, 8 de abril, terá lugar a XeoRuta da Ría con saída ás 16:30 horas da Oficina de Turismo. 

E o domingo, día 9, neste caso en horario de mañá haberá unha nova ruta polo Ribadeo Indiano. Dará comezo ás 12:00 na Oficina de Turismo, 

... leer más
Etiquetas:
01/12/2022

O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.

Chema  Linares engade que “é o resultado dun longo traballo...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

Por Valadouro, Lourenzá, Trabada e Foz seguirá A Mariña en Ruta en novembro. A Mancomunidade ven de presentar os roteiros do vindeiro mes para os que está aberta a inscrición.

O 1 de novembro terá lugar a Ruta dos Pozos, no Valadouro. Os participantes poderán percorrer a ribeira do río Ferreira, onde se encontra a fermosa fervenza do Pozo da Onza e todo o seu entorno poboado de flora e fauna autóctona. Esta actividade estará guiada por Pedro Rolle.

O día 5 A Mariña en Ruta seguirá con O Conde Santo e o fenómeno medieval da peregrinación (Lourenzá). Esta ruta que mestura a cultura e a natureza da man de Lidia de la Fuente levará aos participantes polas terras do antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, dende a igrexa de San Salvado, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo de poder...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Boa acollida da nova edición de A Mariña en Ruta, que daba comezo o pasado 8 de outubro. A actividade está organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. 

Desde a Mancomunidade explican que “nas tres rutas que xa tiveron lugar completáronse as prazas existentes, con xente en lista de agarda nas dúas primeiras”. E engaden que “para as dúas próximas rutas de outubro aínda quedan prazas, polo que animamos á xente a aproveitar esta oportunidade”. O día 22 será Bateando ouro en Alfoz, con Fran Canosa, e o 29 Burela: de asentamento castrexo a vila medieval, con Lidia de la Fuente.

Os asistentes á primeira das rutas, que tivo lugar o 8 de outubro por terras de A Pontenova, tiveron a oportunidade de visitar os  Fornos de Vilaodriz e o nivel cero...

leer más
Etiquetas:
29/09/2022

O 8 de outubro arrinca a cuarta edición de A Mariña en Ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 10 roteiros durante os sábados e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro. O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz. 

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, subliñou que “se trata dun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre, co obxectivo de axudar na dinamización da comarca durante o outono e provocar, ademais de que a propia poboación local poida descubrir mais aspectos sobre a súa comarca, escapadas de turismo interno de Galicia e...

leer más