Foz acollerá nos primeiros días de xaneiro a visita do autobús dos Bolechas, teatro solidario, o concerto de aninovo da Big Band e a cabalgata de Reis.

Foz acollerá nos primeiros días de xaneiro a visita do autobús dos Bolechas, teatro solidario, o concerto de aninovo da Big Band e a cabalgata de Reis.
 
A axenda cultura de Foz para os primeiros días do ano 2016 inclúe diversas actividades para nenos e nenas, como a visita dos Bolechas; citas solidarias, como a representación teatral a cargo do grupo O Centiño, e a tradicional Cabalgata de Reis.
A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, anuncio hoxe que “o día 2 de xaneiro temos a visita do autobús dos Bolechas, dende as 12 ata as 19 horas no patio do colexio Número 1, con xogos, karaoke, ludoteca e fotomatón, actividades gratuítas para todos os nenos e nenas que se queiran achegar. Ese mesmo día haberá teatro na Casa da Cultura. Ás 20 horas imos ter ao grupo O Centiño coa súa obra O caldeiro máxico, a favor do Banco de Alimentos de Foz; así que animamos a todo o mundo que se achegue alí cun alimento non perecedoiro”.
Silvia Blach engadiu que “o domingo 3 imos ter o concerto da Big Band no Cenima, o concerto de Aninovo, ás 20 horas. Esperamos que o goce todo o mundo. O martes día 5 xa chegamos ao día máxico, o día da Cabalgata de Reis. Sairá as 19 horas da praia da Rapadoira, irá percorrendo ás rúas de Foz ata o belén vivinte do Concello e logo teremos unha chocolatada no patio do colexio nº1”.