Aberto o prazo de inscrición dos clans para participar na IX Festa Castrexa que se celebrará en Burela do 23 ao 25 de xuño.

Desde a asociación Burela Castrexa sinalan: “segue a conta atrás: faltan 5 semanas para a IX Festa Castrexa en Burela. ¿Estades preparados? ¿Xa tedes os voso Clan creado?? Abrimos prazo de inscrición para os clans: este ano a participación é totalmente gratuíta, pero obrigatoria para poder participar nunha nova edición dos Xogos Castrexos e da Busca do Torques. E tamén é necesaria para axudar a que medre a nosa Familia Castrexa despois de 2 anos de sombras”. 

E engaden: “porque dentro de 5 semanas Burela Castrexa rexurde para celebrar 3 días máxicos a partir da noite de San Xoán...Apuntade xa o voso clan por correo electrónico festacastrexaburela@gmail.com en Óptica Afflelou Burela ou contacta con calquera dos membros da Asociación Burela Castrexa”.