Alfoz celebra o Día da Biblioteca o 23 de outubro cun obradoiro infantil e cunha comedia musical.

Este sábado, 23 de outubro, na Biblioteca Municipal de Alfoz organízanse diferentes actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos para celebrar o Día da Biblioteca. Haberá un obradoiro na propia biblioteca de 17:00 a 20:15 horas e a comedia musical Pinocus no salón de actos ás 20:30 horas. 

É necesaria inscrición previa na Oficina de Rexistro do Concello ata o venres 22 de outubro ou ata completar o número máximo de participantes. É unha actividade de balde, subvencionada polo Plan Único da Deputación. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).

Estas actividades están organizadas polo Concello de Alfoz e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.