Alfoz prepara a súa 5ª Ruta das Tapas, que se celebrará do 19 ao 21 de abril. A novidade será o Ecomercado.

Durante os días 19, 20 e 21 de abril terá lugar a quinta edición da ruta das tapas de Alfoz.

Participarán cinco establecementos con dúas propostas cada un nesta nova edición da Ruta das Tapas de Alfoz prevista para o terceiro fin de semana de abril.

As propostas para este ano son: “Malo será” e “Primavera” na cafetería Trébol; “Delicias Pereiras” e “Tapa Salvaxe” en Casa Pereiras; “Mexillóns tigre” e “Guiso de pulpo” en Bar Rodolfo; “Mexillón de primavera” e “Brocheta de pulpo a feira” en Bar San Pedro; e “Crocante de langostino con guacamole” e “Escalope con mostaza e mel” en A Naranxa.

Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá autobús para facer o percorrido de tapas e cantos de taberna en tódolos bares participantes e como novidade, parada de degustación no Primeiro Ecomercado de Alfoz.

Sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre tódolos participantes que voten á mellor tapa e trofeo para o establecemento que presente a tapa gañadora.