A asociación Eco das Minas organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro

A Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro.

O sábado 16 na Casa do Salmón terá lugar un obradoiro de acuarela para maiores de 12 anos. Será impartido por Rocío Fernández Paz de 16:30 a 18:30 horas. 

O día 22 haberá Cantos de Nadal a cargo da agrupación tradicional A Chocolateira polas rúas da Pontenova desde as 20:00 horas.

E o 29 de decembro a Apalpadora visitará a Casa da Cultura ás 12:00 horas.

Os organizadores anuncian: “acércase o Nadal e temos preparadas cousiñas bonitas para celebrar estas datas cheas de arte, ledicia e música.  Obradoiros, panxoliñas, visitas sorpresa... Gardade datas, que o noso tren ven cargadiño de diversión. Rocío Fernández Paz será quen nos inicie no mundo da acuarela.O noso grupo tradicional A Chocolateira encargarase de dar inicio ó Nadal con panxoliñas polo pobo. E a Apalpadora baixará das montañas de Lugo para facerlles unha visita a rapazada, e de paso traerlles algún galano”.