Ata o 2 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Alfoz para fútbol campo e fútbol sala.

As Escolas Deportivas Municipais do Concello de Alfoz abriron o prazo para a inscrición en fútbol campo e fútbol sala. As inscricións deberán facerse na Oficina de Rexistro do Concello, do 29 de agosto ao 2 de setembro.

Será para nenos/as de 4 a 16 anos, e contan coas categorías de: cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón. A actividade comeza o 5 de setembro e rematará a finais de xuño. Os horarios poden consultarse na seguinte ficha de inscrición https://drive.google.com/file/d/13d-VeQFNtT300kawRH9r39ZWT9ZcymV1/view. 

Ademais de fútbol, as Escolas Deportivas Municipais de Alfoz tamén farán patinaxe. O prazo de inscrición abrirá a mediados de setembro, e a actividade será de outubro a maio, tamén para nenos/as de 4 a 16 anos.