A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Vigo e ás Illas Cíes o 26 de maio.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo e ás Illas Cíes. Será o día 26 deste mes, sábado.

Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar ata Vigo, o almorzo, unha visita guiada por esa cidade e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe traslado en barco ás Illas Cíes e comida alí, cun prezo de 60 euros. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.