Cardume chega a Viveiro o 10 de xuño coa obra "Entre bambolinas". Será no Teatro Pastor Díaz.

O grupo de teatro Cardume chega o sábado, 10 de xuño, en Viveiro, coa obra Entre bambolinas. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:00 horas.

Trátase dunha obra orixinal de Jaime Naveira, traducida ao galego por Susana Devesa, e dirixida por Matilde Blanco.

Cóntanos a historia como a piques de comezar a función da obra As desfeitas da vida, unha compañía teatral cos seus actores e todo o seu equipo técnico e artístico vive unha serie de acontecementos que poñerán a proba os seus sentimentos máis profundos. Dende as bambolinas dun teatro vense reflectidos con humor e moita humanidade, un compendio de comprexos, vanidades e envexas, pero tamén amor, amizade, fidelidade e o drama de ver chegar o grande monstro do alzheimer.