A Casa da Cultura de O Valadouro acolle o 19 de decembro unha representación teatral da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais.

No salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro este sábado, día 19 de decembro, ás 19:00 horas o grupo de teatro da Asociación Cultural Abrente, de As Nogais, representará a obra “O aeroporto da Valiña”.

É unha obra do autor Javier González González enmarcada no xénero da comedia física e satírica, unha representación en clave de humor para todos os públicos.

O aforo do salón de actos está limitado conforme ás normativas para facer fronte á pandemia do COVID-19 e os que queiran poden reservar o seu sitio chamando ao 982.57.15.16.

Esta actividade está dentro do programa Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo.