A Casa da Cultura do Valadouro acolle un concerto de Santa Icía este domingo, 19 de novembro

O salón de Actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, de Ferreira do Valadouro, acolle un concerto para celebrar Santa Icía (a patroa da música) este domingo, 19 de novembro, ás 19:00 horas.

Actuarán a Banda de Música de Lourenzá e a Banda Xuvenil de Lourenzá Pituband. A entrada é de balde.

É unha actividade incluída na programación cultural do Concello do Valadouro.