Cervo recibirá os días 17 e 18 de febreiro ao representante dunha das máis grandes escolas chinas de taichi.

Oriente nunca estivo tan cerca, é o que poden pensar se durante esta fin de semana se achegan ao municipio de Cervo, e é que no pabillón municipal de A Veiga poderán observar numerosos practicantes chegados de tódolos recunchos de España para practicar TaiChi. Non é casualidade, a novidade para este municipio ven da man de Miguel A. Rojo e as súas inquedanzas marciais, que grazas ás súas arduas xestións burocráticas e o seu empeño conseguiu que, por primeira vez, un dos descendentes da linaxe directa da familia Chen e Mestre da Chenjiagou Taijiquan School imparta un curso TaiChi en España, e tampouco é casualidade que sexa na localidade de San Ciprián. A recente creación dunha Escola de Artes Marciais, o campionato de Galicia de TaiJitsu e tódalas actividades que tanto Miguel A. coma os seus alumnos traen ao municipio fan que, pouco a pouco, Cervo sexa recoñecido nun mundo tan místico e respectable coma é o das Artes Marciais e que máis xente coñeza esta cultura tan distinta e venerable.

O curso impartirase ao longo do Sábado e na mañá do Domingo, ámbolos días contarán con demostracións e enseñanzas do Mestre que amosará a explosividade e a elegancia dos movementos da súa escola, ao mesmo tempo, os alumnos aprenderán as novas formas e corrixirán algúns dos erros que cometen nas súas prácticas. Miguel A. describe este evento coma “O acontecemento máis importante do ano no noso departamento, ademais de ser un gran esforzo traer un Mestre de linaxe directo da aldea dos Chen en China”. Do mesmo modo as autoridades cervenses tamén quixeron destacar a importancia tanto cultural coma deportiva que ten un evento desta magnitude “para nós é unha oportunidade poder dar a coñecer o municipio e as nosas instalacións a culturas e deportes tan distintos coma son os orientais, ademais, tamén é un orgullo poder dicir que o primeiro sitio que visite este Mestre Chen en España vai ser Cervo”.