A comparsa Os Fandangueiros celebra unha cea baile o 2 de decembro en Alfoz

A comparsa Os Fandangueiros celebrará a cuarta edición da súa cea baile no pavillón polideportivo de Alfoz o día 2 de decembro, sábado, ás 21:30 horas.

A cea estará servida polo Catering Chao da Brea e o baile amenizarano  dúo Estrellas e Discomóvil Eventec. Ademais haberá sorteos.

Para anotarse os interesados en participar poden contactar por teléfono con Laura (679.566.111) ou con Natalia (603.670.661). O prazo remata o 28 de novembro.

A organización anuncia que “a partir das 00:00 horas haberá libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa”.