Do 15 de xullo ao 6 de setembro terá lugar o Ludiverán, que organiza o Concello do Valadouro. A inscrición remata o 5 de xullo.

O Concello de O Valadouro organiza o programa infantil Ludiverán, que se desenvolverá do 15 de xullo ao 6 de setembro.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas nad@s entre os anos 2007 e 2015. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro, en horario de 10:00 a 13:00. Haberá obradoiros, manualidades, xogos, excursións, cine e cociña.

As inscricións poden realizarse, ata o 5 de xullo, nas oficinas da Casa da Cultura, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h. O número de prazas é limitado, e a lista de admitidos publicarase no acceso ás instalacións de cultura a partir do 10 de xullo.