Do 23 ao 30 de decembro haberá visita de Papá Noel, teatro e música en Barreiros. A axenda de Nadal foi organizada polo Concello.

O Concello de Barreiros organiza o programa de Nadal que comeza este xoves, 23 de decembro, coa visita de Papá Noel que terá lugar na praza do Concello ás 19:00 horas.

O domingo, día 26, o grupo Lila Teatro presentará O cachopo máxico. A función, dirixida ao público familiar, será no centro social ás 19:00 horas.

O xoves 30 haberá a actuación musical Guateque Roll na praza do Concello, ás 19:00 horas.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.