Do 6 ao 27 de setembro poderase visitar na Casa da Cultura en Burela a exposición "Novos personaxes", de Carmen Prado.

A Casa da Cultura de Burela acolle este venres, 6 de setembro, a inauguración da mostra de pintura de Carmen Prado titulada Novos Personaxes.

A forma e a composición son a tarxeta de presentación de Carmen Prado, pero tamén as súas aterciopeladas mesturas de cor xunto coas súas liñas suaves e sinuosas. A súa pintura é fresca e colorista, chea de ideas e sentimentos.

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, e de expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotidiano.

A exposición poderá visitarse ata o 27 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas e 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres.