En San Ciprián terá lugar o 15 de abril a XXIV Festa do Mexillón, que organizan o Concello de Cervo e a hostalería local.

O Concello de Cervo, en colaboración coa hostalería local, organizará o Sábado Santo, a XXIV edición da Festa do Mexillón, todo un clásico xa na Semana Santa do municipio.

Deste xeito, durante todo o día, os diferentes establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexilón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza…

O rexedor, Alfonso Villares e a edil de Turismo, Manuela Méndez, presentaron, acompañados dos representantes da hostalería de San Ciprián, o cartel da festa.

Deste xeito, Villares sinalou que “o que pretendemos coa Festa do Mexillón é ofrecerles un aliciente máis as veciños que se quedan na localidade nestes días de Semana Santa, sabedores, claro está, de que as festas gastronómicas sempre son un reclamo moi importante tamén á hora de atraer visitantes á vila, ofrecendo un produto do mar, moi noso, saboroso, de prezo asequible e versátil na cociña”

E ademais, -engadiu- “tanto a festa do Ourizo que celebramos vai pouco, como esta do Mexillón, son tamén unha oportunidade para que os propios hostaleiros poidan  exhibir as súas habilidades culinarias”.