Faro Miño, de Chantada, e Os Palimoquiños, de Lugo, actuarán os días 17 e 18 de novembro no II Certame de Teatro Concello de Lourenzá.

Os grupos Faro Miño, de Chantada, e Os Palimoquiños, de Lugo, actuarán este fin de semana na segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.

O edil de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “esta fin de semana segue o segundo Certame de Teatro de Lourenzá con dúas novas representacións. O sábado 17 o grupo Faro Miño, de Chantada, escenificará a obra Langreira de amor e o domingo 18 tócalle a Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra Borralliña. As dúas serán ás 20:00 horas no salón de actos do Concello”.