Fin de semana sen ive en establecementos comerciais asociados ao CCA de Foz. Será os días 22 e 23 de xuño.

Chega a fin de semana sen IVE a máis dunha trintena de establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Os días 22 e 23 de xuño, venres e sábado, aquelas persoas que fagan as súas compras nos locais participantes nesta campaña obterán descontos especiais. 

Desde o Centro Comercial Aberto recomendan consultar as promocións en cada establecemento. “Chega o verán e é un bo momento para aproveitar esta campaña e así facerse con aquelas prendas de tempada a prezos máis económicos nos comercios do noso pobo”, explican desde ACIA/CCA de Foz e insisten en que “o comercio fai pobo e niso debemos seguir pensando sempre, en todas as épocas do ano”.

Esta campaña chega uns días antes da 5ª Festa Vintage, que se celebrará a finais deste mes de xuño. O Centro Comercial Aberto de Foz está a ultimar os preparativos deste evento.