A ludoteca de Mondoñedo acolle un campamento de Nadal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os/as empadroados/as en no concello de Mondoñedo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982.52.40.03 - extensión 8.

Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.