Mariña Patrimonio organiza unha conversa arredor de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo. Será o 12 de decembro.

Seguindo co ciclo de actividades online programadas para 2020 por Mariña Patrimonio, o colectivo organiza unha conversa entre o historiador Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo arredor de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, ao fío do epistolario que mantiveron ambos persoeiros e que recentemente dixitalizou o Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo. 

A actividade, “Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo”, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 12 de decembro, e poderá seguirse na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a partir das 19.00 horas.