Marzo será o mes da muller en Cervo. O Concello organiza sesións virtuais de ioga e outras actividades.

As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa Muller como protagonista.
 
Así ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
 
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (Casa do Concello, Casa da Cultura, Fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo...)
 
O día 8 de marzo, día da muller
O auditorio da Casa da Cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
 
Prográmase ademais o concurso virtual: Que muller che inspira? cuxas bases se farán públicas este venres, 5 de marzo
 
A profesora Nuria Torrado ofrecerá tamén 8 de marzo unha clase de ioga especial dedicada á muller.