O 14 de decembro celébrase o I Mercado de Nadal de Sargadelos. Haberá artesanía, roupa, cosmética natural ou cadros e tamén música.

Este sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.

Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.

Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.

O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.