O 15 de setembro reabre a piscina olímpica municipal de Cervo. A reserva de praza é obrigatoria.

A Piscina Olímpica Municipal de Cervo reabre as súas instalacións mañá martes, 15 de setembro.

A reserva de praza é obrigatoria e debe facerse, por vía telefónica, a través do número 982 59 45 12. Só se aceptarán reservas con tres días máximo de antelación sobre a data desexada para facer uso do servizo.

O horario será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas; e os sábados, de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas. Haberá catro quendas polas mañás e outras catro polas tardes; e os sábados, tres quendas pola mañá e dúas pola tarde.

O aforo máximo é de 24 persoas por franxa, que serán dunha hora e vintecinco minutos para favorecer a seguridade no momento do relevo. A máscara será obrigatoria sempre e en toda a instalación, salvo no momento do baño ou cando se estea realizando exercicio no ximnasio.

No ximnasio será obrigatorio o uso de toalla persoal e cada usuario deberá levar a súa esteira se a precisa. Unha vez rematado o exercicio, deberá desinfectarse a máquina ou o material empregado con xel hidroalcohólico dispoñible na instalación.