O 18 de agosto terá lugar a XL Queimada en Cervo. Primeiro será a representación e despois haberá música.

A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 18 de agosto, a XL Queimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arricarán ás 10:00 horas, coa apertura do XXII Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo de gaitas Medio Quinhón.
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 16:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

O programa Aquí Galicia da TVG, trasladararse ata Cervo, para emitir o programa en directo; en horario de 16:30 a 19:00 horas.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a Praza dos Souto. E ás 23:45 horas a Representación. A continuación o toque musical correrá a cargo de O Sonoro Maxín, Banda Crebinsky e Festicultores Troupe. 

Ao longo da xornada haberá diferentes actuacións de grupos de música tradicional.

A Queimada Popular está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, e as directoras desta edición son Sabela Blanco, Carla Díaz, Chus González e Raquel Blas; que contan co apoio de todas as meigas, meigos e xente da vila para levan adiante este evento máxico tan agardado por todos e todas.