O 2 de xuño terá lugar en Mondoñedo o concerto "No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses".

O concerto "No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses", terá lugar este venres, 2 de xuño, ás 17:30 horas na Praza da Catedral, en Mondoñedo. 

Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Mondoñedo, esta será a quinta edición dunha actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia. 

Dirixidos por Maximino Zumalave e co acompañamento musical do grupo de metais Hércules Brass, no concerto participarán nenas e nenos dos CMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro, o Coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, o Coro de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Escola de Música Municipal “O Pallarego” de Mondoñedo. A entrada é libre e gratuíta.