O 25 de novembro terá lugar o concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música O Landro, de Viveiro.

Este sábado, 25 de novembro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal de Música de Viveiro.

Esta actuación enmárcase nos actos organizados con motivo do centenario da Banda Municipal de Música O Landro que dirixe Carlos Timiraos Timiraos.

O concerto dará comezo ás 21:00 horas e está organizado pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Viveiro.

A Banda de Música O Landro celebra durante este mes de novembro unha exposición do seu centenario que se pode visitar na Biblioteca Municipal ata o día 30.