O CCH de Viveiro organiza do 3 ao 5 de marzo a campaña Fora Stocks na que se dan cita 34 negocios locais.

Dende o xoves día 3 ata o sábado, 5 de marzo, serán 34 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semananunha festa de comprascon fantásticos descontos en miles de artigos. 

A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración,artigos para o fogar, óptica etelefonía.

Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana, pasear polo casco antigo, mercar con fantásticos descontos e desfrutar da hostalaría da vila. 

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor fucsia e negro co nome da campaña.Deste xeito para o cliente é moisinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks. 

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercandono comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.