O colexio Juan Rey, de Lourenzá, acolle un campamento de Nadal do 22 de decembro ao 5 de xaneiro

O colexio Juan Rey, de Lourenzá, acollerá un campamento de Nadal que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. Está organizado pola Anpa do centro e o Concello de Lourenzá, para nen@s nados entre os anos 2020 e 2012.

Farán actividades como talleres de cociña e de manualidades, baile, xogos, navideños ou obradoiros. A tarifa é de 25 euros. As prazas son limitadas e o prazo para apuntarse remata o 19 de decembro.

Os organizadores explican: “unha das prioridades para a nosa asociación é axudar a conciliar aos pais, por iso este Nadal a Anpa e o Concello traballan para levar adiante o Campamento de Nadal. Haberá prazas limitadas e teran preferencia @s nen@s empadronad@s no noso Concello e tamén se son socio@s da Anpa. Non esquezas cubrir a inscrición! No caso de ir varios irmáns é importante cubrir unha ficha por cada nen@”.