O Concello de Trabada organiza unha charla-coloquio e un xantar para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller.

O próximo martes, 8 de marzo, o Concello de Trabada organiza o Encontro “En feminino”, unha charla-coloquio de mulleres.

Desde o Concello explican que “contaremos coa participación de Verónica Ramallal Trevín, fundadora de Pekecha e referente feminino na comarca da Mariña. Unha muller única, fiel á súa esencia e cunha personalidade arrolladora que foi capaz de facer realidade o seu soño. Formadora en programas de emprendemento, marca persoal, experta en comunicación audiovisual, compartirá con nós como foi a súa traxectoria como muller emprendedora, como tantas de vós”.

E engaden: “é polo que queremos que nos acompañedes neste día para compartir vivencias e poñer de manifesto a importancia das mulleres no rural e do seu traballo, non sempre recoñecido. Ao finalizar compartiremos un xantar no O Batuxo Mesón, para o que é necesario anotarse antes do luns, 7 de marzo chamando ao número de teléfono do Concello 982135011”.