O grupo Agoraphobia actúa en Burela este sábado, 16 de marzo

A Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado, 16 de marzo, unha actuación do grupo Agoraphobia, unha da banda de rock alternativo de Boiro. Será ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo

Este concerto forma parte do ciclo Con Voz de Muller organizado pola Deputación de Lugo, que inclúe tamén concertos noutros concellos, como parte da conmemoración do 8M.