O grupo Trípode organiza a I Gala Solidaria "Solistas A Mariña", que terá lugar o 8 de xaneiro no Valadouro.

Desde a organización explican: “os do grupo Humorístico Trípode adoitamos organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que estamos inactivos no aspecto teatral, xuntamos a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid ditadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Manifestámoslle o noso sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar”. 

Juan Novás é o autor do cartel. E os artistas participantes son: 

ÁLEX BARREIRA.
Natural de Mondoñedo. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Arcadio Mon, de Alfoz e Valadouro, sendo o gañador da terceira edición. É profesor de percusión na Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo. Esti-vo na orquestra Principal, onde cantou e tocou a guitarra. Participou en gru-pos musicais como Os Alcaldes da Pachanga, de Mondoñedo. Toca actual-mente na banda de Foz e en diversos grupos da Escola de Música de Mon-doñedo.

JONATHAN DASILVA.
Natural de Lourenzá. Participou nas diversas edicións do Festival Musical Ar-cadio Mon, de Alfoz e O Valadouro. Ten diversas cancións editadas, cuxos viodeoclips poden verse nas redes sociais. Foi recanteiro no programa Luar, da TVG, durante o ano 2021 representando á Mariña.

TONO ALONSO.
Natural de Foz, onde exerce a docencia no colexio Martínez Otero, do que foi director durante un tempo. Responsable dos instrumentos de corda da ronda-lla Latexos, de Foz. Formou parte da agrupación de cámara da Universidade Laboral da Coruña, onde tocou o laúd. Compuxo a música e cantou algunhas cancións na película “Tristeza na herba”. Participa activamente como presen-tador e como músico nos actos da Festa Normanda de Foz.

HUGO EIROÁ.
Natural de Burela. Cantautor moi sensible, con diversos temas musicais de gran inspiración e mensaxe.

PEDRO DEL RÍO.
Natural de Rinlo, en Ribadeo. De neno, formou parte da rondalla Chascorran-deira, do colexio público de Ribadeo. Forma parte do Coro da Mariña. Partici-pa nos cantos de taberna de Ribadeo co grupo Os do Clarete.

TONI CAZÁS.
Cantautor e músico de Viveiro, aínda que nado en Venezuela. Como músico, formou parte de diversos grupos de rock e de orquestras de baile. Foi o ga-ñador do Festival do Landro de Viveiro no apartado de “canción inédita” no ano 1999. Participou nas diversas edicións do Festical Musical Arcadio Mon de Alfoz e O Valadouro, como artista invitado.